Autor

Xaime Domínguez Toxo

Xaime Domínguez Toxo. (XAIME TOXO)

Galicia- Bueu 1955.

Escritor. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación.
Presidente do Ateneo de Pontevedra dende o ano 2007.

Ten publicado na editorial Xerais o libro de relatos AS PALABRAS QUE MOVE O MAR, polo servizo de publicacións da Deputación de Pontevedra conxuntamente co artista Antón Sobral ten publicados os CADERNO DE MAR I e II, na editorial Ancoradouro o libro de relatos PROTEXER O INVISIBLE, na editorial Laiovento o poemario A CASA SEN NÓS, conxuntamente co deseñador Rai Iglesias e o fotógrafo Juan de la Sota o libro de artista TOXO SOTA ATLAS DE DÚAS RIBEIRAS e na editorial Galaxia a novela 70 GRAOS NORTE.

Conxuntamnte co realizador Manuel Yañez é autor do audiovisual literario O ESTROBO NO TOLETE.

Conta no seu haber con distintos relatos e poemas publicados en libros colectivos, revistas e xornais.

Premios:
- Premio Primeiro Certame Literario “O xadrez faise palabra” da ONCE, Madrid, ano 2000, co relato Escuro é o rostro da memoria.

- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2002.

- Primeiro premio do Certame de relatos do Concello de Paradela no 2002.

- Primeiro premio do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2004.

- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2011, por Eco da afasia.

- Accésit no Certame Manuel Murguía de narracións breves do ano 2011 polo relato Unha viaxe de inverno.

Pedagogo e mestre especialista en Cegueira e Baixa Visión.

Formou parte do Equipo de Intervención Pedagóxica en Cegueira, Baixa Visión e Orientación Escolar da O.N.C.E. na provincia de Pontevedra.

Profesionalmente acadou os seguintes premios:

No “Concurso Nacional de Experiencias Escolares” do ano 1996/1997, Terceiro Premio polo traballo “Arte, historia y naturaleza: un mundo abierto a la ceguera”, no ano 2000/2001, Primeiro Premio polo traballo: “El mar en tus manos”; no Concurso Nacional “Experiencias Escolares” do ano 2002/2003, Primeiro Premio polo traballo “Relieve Vivo”.

Titor universitario dos alumnos de Educación Social da Universidade de Santigo no Programa Practicum III durante o curso 97/98.

Titor do Practicum II na Facultade de Humanidades de Ourense no curso 98/99.

Titor do Practicum II na Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Ourense, no curso 2000/01.

Titor no Practicum de Educación Social na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, no curso 2002/03

Ten publicado numerosos traballos e artigos en revistas especializadas.

Participou no proxecto de intervención inclusiva Sentir o Mar.

Coordinador do proxecto Patrimonio e Turismo Inclusivo na Ribeira Sacra no marco do programa O teu Xacobeo.

Foi membro do Consello Asesor do Museo de Pontevedra e realiza actividades de proxectos culturais na vila de Bueu como membro do colectivo O MAR POR DIANTE.

Libros de autor

70º Norte

O colapso social acontece nas grandes áreas metropolitanas indiferentes ao que non sexa o seu propio ritmo desaforado de desenvolvemento.
Unha praga contaxiosa con matices de maldición bíblica, leva á civilización postindustrial aos límites da desaparición. No medio dunha extinción, sen conciencia do perigo, un pequeno grupo intúe que o paradoxo da salvación radica nas persoas que permaneceron illadas nos remotos contornos dunha natureza tan implacable como imprescindible.
A Colonia é como denominan o campamento nómade onde viven. Moverse cara ao norte non é unha opción, senón unha condición de supervivencia.
A miles de quilómetros do ruído das urbes, o destino da especie humana está en saberse unha parte máis do planeta que habita.

As palabras que move o mar

Quis autem vel eum iure reprehenderit qui in ea voluptate velit esse quam nihil molestiae consequatur, vel illum qui dolorem eum fugiat quo voluptas nulla pariatur erit qui in ea voluptate

Protexer o invisible

Quis autem vel eum iure reprehenderit qui in ea voluptate velit esse quam nihil molestiae consequatur, vel illum qui dolorem eum fugiat quo voluptas nulla pariatur erit qui in ea voluptate